O Campus Industrial acolle os días 16 e 17 de marzo o Workshop Internacional de Estudos Utilitaristas SIEU

O Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle, os días 16 e 17 de marzo, o quinto Workshop Internacional de Estudios Utilitaristas SIEU. Este seminario internacional, que se desenvolverá en formato presencial e en liña, está promovido polo Grupo de Investigación Gen-Red-Pur que coordina o profesor José Luis Tasset Carmona.

A inauguración do seminario terá lugar o día 16 de marzo ás 9:30 horas e estará presidida pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, á que acompañarán a directora do Campus Industrial, Ana Ares, a decana da Facultade de Humanidades e Documentación, Manuela del Pilar Santos, e o coordinador do grupo Gen-Red-Pur, o profesor José Luis Tasset.

O obxetivo deste seminario é favorecer o coñecemento e o intercambio entre distintas liñas de investigación dentro dos estudios utilitaristas, ou en liñas afines, e nel participará persoal investigador español e iberoamericano. No seminario, catorce investigadores internacionais, exporán as súas actuais investigacións no ámbito dos estudos utilitaristas con importantes implicacións para a teoría ética, a ética aplicada empresarial e cibernética e a historia das ideas en xeral, entre outras cousas.

Presentaránse tamén durante o seminario os resultados obtidos polo grupo Gen-Red-Pur, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (2019-2022), que ten como obxectivo o estudio da xénese e a redefinición do Paradigma Utilitarista de Racionalidade desde un punto de vista interdisciplinar. O grupo está composto por José Luis Tasset e Raquel Díaz Seijas por parte da Universidade da Coruña, Estrella Trincado da Universidade Complutense de Madrid, Manuel Escamilla da Universidade da Granada e Pilar González Altable da Universidade de Valencia.

Programa do workshop: http://genredpur2023.sieu.es/

O seminario é de asistencia libre tanto na modalidade online como na presencial. Aquelas persoas que desexen obter unha certificación de asistencia deberán rexistrarse no seguinte enlace: http://genredpur2023.sieu.es/registro/index.html