O Campus Industrial de Ferrol acolle este mércores un workshop sobre Intelixencia Artificial, Blockchain e computación cuántica

A Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación acolle, este mércores 22 de marzo, ás 11:00 horas, o workshop “O futuro é hoxe. Intelixencia Artificial, Blockchain e Computación Cuántica nas nosas vidas” impartido polo director de Marca na empresa alacantina de fíos sustentables Belda Lloréns, Fabricio Mancebo. A actividade está dirixida ao alumnado do grao en Xestión Industrial da Moda, que terá prioridade, aínda que tamén poderá participar o resto da comunidade universitaria.

Fabricio Mancebo é licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade Complutense de Madrid. Ao longo da súa carreira obtivo 14 premios en creatividade e desenvolvemento de proxectos innovadores, e en 2002, realizou os primeiros estudos que se coñecen sobre o desenvolvemento creativo en persoas con discapacidade funcional. Ten traballado con marcas como Bentley, El Pozo, Warner, Levi’s, Ribera Salud, Obra Social Caixa, Morgan Stanley, Energy System, Shiro Helmets, Maison Parfum, Caja Rural ou Grupo Vips. Actualmente é o director de Marca na empresa alacantina de fíos sostibles Belda LLoréns impulsando a marca Ecolife a nivel mundial.