O Campus Industrial de Ferrol acolle mañá a presentación da aceleradora Víatextil que promove Roberto Verino xunto co Consorcio Zona Franca de Vigo

Ferrol, 8 de novembro de 2022.- O Salón de Actos Concepción Arenal acolle mañá, mércores 9 de novembro, ás 12:00 horas, a presentación da aceleradora Víatextil que promove Roberto Verino en colaboración co Consorcio Zona Franca de Vigo. A directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, preside un acto no que intervirán a directora executiva de Roberto Verino, Dora Casal, a responsable de Internacionalización do Consorcio Zona Franca de Vigo, Paqui García, o coordinador do grao en Xestión Industrial da Moda, Manuel Escourido, e a fundadora de RiR & Co Tejidos, Inés Rodríguez.

Víatextil é unha aceleradora para a innovación do sector téxtil. Está deseñada para innovar, acelerar e promover o desenvolvemento deste sector en Galicia. A iniciativa está dirixida a aquelas empresas galegas do sector que queiran innovar ou mellorar nos seus procesos da man de recoñecidos expertos. Na súa primeira edición, participarán un total de 10 empresas que, ao longo de 8 meses, deseñarán o seu plan de empresa, adquirirán novas competencias, crearán a súa propia rede de contactos e accederán a novas vías de financiación.

O Campus Industrial de Ferrol é o primeiro campus de especialización acreditado do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
O Campus Industrial de Ferrol é o primeiro campus de especialización acreditado do Sistema Universitario de Galicia (SUG).