Preto de 20 empresas do ámbito da enxeñaría participan no Forum de Emprego FESTEM que organiza o Campus Industrial de Ferrol o venres 4 de novembro

Ferrol, 31 de outubro de 2022.- O Campus Industrial de Ferrol organiza, o vindeiro venres 4 de novembro, de 09:00 a 15.00 horas, o Forum de Emprego FESTEM no que participan preto de 20 empresas do ámbito da enxeñaría de distintos puntos de Galicia tales como Reganosa, Jealsa, Gefico, Finsa, Televés, Galopín, Ghenova Ingenieros, ECOMMT, Nordés, Acebrón, CT Ingenieros, Norvento, Enxería, Cetus Group, Instra Ingenieros, ASCEGA Emprendedores de Galicia, Armaduras Metálicas San Juan e o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal).

Co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade, o alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e calquera outra persoa interesada poderá visitar os stands das empresas participantes nunha carpa situada entre a escola, a Igrexa Parroquial de Esteiro e o Centro Cultural Universitario. Este será un espazo de encontro no que terán a oportunidade de coñecer máis polo miúdo ás empresas, entregar o seu currículo vitae e participar en simulacros de entrevistas por videoconferencia.

A maiores, o Forum de Emprego FESTEM ten programados seis obradoiros formativos dirixidos a toda a comunidade universitaria no Campus Industrial de Ferrol. Ao longo da xornada, o Salón de Actos Concepción Arenal acollerá cadanseu obradoiro destinado a coñecer mellor o mercado laboral STEM, a descubrir que buscan exactamente as empresas nun candidato ou candidata, a aprender as xestionar correctamente un perfil de LinkedIn, a explorar a vía do emprendemento, a preparar unha entrevista ou a deseñar un currículo vitae efectivo. Todos eles, poderán seguirse en directo a través da canle de YouTube do Campus Industrial de Ferrol.

Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF)

  • Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
  • Grao en Enxeñaría Mecánica
  • Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
  • Programa de Simultaneidade Grao en Enxeñaría Mecánica + Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
  • Grao Dual en Enxeñaría Eléctrica ( o primeiro grao dual de Galicia, coa opción de cursar os 60 créditos ECTS correspondentes ao cuarto curso integramente nunha empresa)
  • Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
  • Grao Aberto e Enxeñaría Industrial ( o alumnado estudará no primeiro curso materias comúns aos graos en Enxeñaría Eléctrica Dual, Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática e Enxeñaría Mecánica antes de decidir que grao é o que quere completar).
  • Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
  • Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
  • Máster Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica
  • Máster Universitario Internacional en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía (impartido conxuntamente coa Universtité Paris Diderot)
  • Máster Universitario Erasmus Mundus en Sustentabilidade e Industria 4.0 aplicada ao Sector Marítimo
  • Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade
  • Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica

Máis información en https://festem.gal

Inscricións no Forum de Emprego FESTEM

 Cartel promocional do Forum de Emprego FESTEM que acolle o Campus Industrial de Ferrol o vindeiro venres 4 de novembro.
Cartel promocional do Forum de Emprego FESTEM que acolle o Campus Industrial de Ferrol o vindeiro venres 4 de novembro.