Tres alumnas do grao en Xestión Industrial da Moda gañan o concurso “Móvete polos ODS” da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento

Ferrol, 29 de novembro de 2022.- As alumnas do segundo curso do grao en Xestión Industrial da Moda, Candela Lado Hervés, Carla Pérez Paz e Alba García Ruíz, acadaron o primeiro premio no II Concurso de Vídeos “Móvete polos ODS” que promove a Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) co obxectivo de mobilizar e comprometer ás persoas participantes e ao resto da sociedade fronte aos grandes retos mundiais como poden ser o cambio climático, as desigualdades sociais e de xénero, a perda da biodiversidade ou mesmo a escaseza de auga.

O vídeo elaborado por estas tres estudantes da Facultade de Humanidades e Documentación, “Un outfit, mil consecuencias”, conseguiu sumar o maior número de likes na canle de You Tube do concurso onde se publicaron os 14 vídeos participantes. A maiores, outras cinco alumnas do segundo curso do grao en Xestión Industrial da Moda, Alba Morán Martínez, Nerea Francos Hermida, Saray Sánchez Crespo, Carla Fraga Varela e Eva Estévez Bastero, acadaron o segundo premio neste certame co vídeo “ODS, estás a tiempo”. As gañadoras do primeiro premio recibirán 550 euros e as do segundo 350 euros.

Todas as estudantes do Campus Industrial de Ferrol galardoadas no II Concurso “Móvete polos ODS” realizaron os seus vídeos dun minuto de duración no marco da materia “Deseño de Moda” que imparte a profesora Patricia Muñíz. Esta non é a primeira vez que o alumnado desta asignatura do segundo curso consegue algún galardón. En 2021, tres grupos de alumnas do grao en Xestión Industrial da Moda lograron os tres primeiros premios no I Concurso “Móvete polos ODS”, e no ano 2020, outro grupo de estudantes foi seleccionado para participar na 5ª edición da Maratón de Reciclaxe Téxtil Creativa que promoven La Casa Encendida e a cooperativa Altrapo Lab en Madrid.

Traballo en rede entre as tres universidades públicas galegas

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) está integrada pola Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e pola Universidade de Vigo (UVigo). Conta co financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia e máis da Unión Europea. O seu obxectivo é o de promover o traballo en rede entre as tres universidades públicas galegas nos eidos da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (CUD) e da Educación para o Desenvolvemento (EpD).

Primeiro Premio – II Concurso “Móvete polos ODS” – “Un outfit, mil consecuencias”

Segundo Premio – II Concurso “Móvete polos ODS” – “ODS, estás a tiempo

Candela Lado Hervés, Carla Pérez Paz e Alba García Ruíz, acadaron o primeiro premio no II Concurso de Vídeos “Móvete polos ODS” que promove a Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD).
Candela Lado Hervés, Carla Pérez Paz e Alba García Ruíz, acadaron o primeiro premio no II Concurso de Vídeos “Móvete polos ODS” que promove a Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD).
Alba Morán Martínez, Nerea Francos Hermida, Saray Sánchez Crespo, Carla Fraga Varela e Eva Estévez Bastero, na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, centro onde se imparte o grao en Xestión Industrial da Moda.
Alba Morán Martínez, Nerea Francos Hermida, Saray Sánchez Crespo, Carla Fraga Varela e Eva Estévez Bastero, na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, centro onde se imparte o grao en Xestión Industrial da Moda.