O profesor de Filosofía da Universidade da Coruña, Alberto Sucasas, presenta mañá o seu último libro no Campus Industrial de Ferrol

Ferrol, 8 de abril de 2024. O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle mañá, martes 9 de abril, ás 19:30 horas, a presentación do libro Mayorguiana. Pensamiento y teatro en Juan Mayorga (Col.Estética & Crítica – 49, 2023) escrito polo profesor de Filosofía da Universidade da Coruña, Alberto Sucasas. O acto estará presidido pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e presentado polos escritores Pilar Berrio e Antonio Polo.

Ao longo da publicación, o profesor da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, Alberto Sucasas, indaga no diálogo existente entre a filosofía e o teatro na produción literaria do membro da Real Academia Española (RAE) e Premio Princesa de Asturias das Letras en 2022, Juan Mayorga. Na primeira parte do libro abórdase unha visión de conxunto da interacción entre o pensamento e a dramaturxia. Na segunda, analízase unha escolma de prezas teatrais. E, na terceira e ultima parte, Alberto Sucasas afonda na faceta do dramaturgo madrileño como ensaísta.

O libro, editado polo Departamento de Publicacións da Universitat de Valencia, está dispoñible para consulta en sala e préstamo na Biblioteca da Facultade de Filoloxía e na da Facultade de Ciencias da Educación no Campus da Coruña, así como na Biblioteca da Casa do Patín no Campus Industrial de Ferrol.

O profesor da Facultade de Humanidades e Documentación, Alberto Sucasas, presenta mañá, martes 9 de abril, ás 19:30 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, o seu último libro, unha publicación centrada na produción literaria do dramaturgo madrileño Juan Mayorga e que acadou so Selo de Calidade da Unión de Editoriais Universitarias de España (UNE) no ano 2023.