Bolsas do Campus Industrial de Ferrol para alumnado estranxeiro que queira cursar nel estudos de máster universitario
O Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC) pretende con esta acción incentivar a súa internacionalización, entendida como acción transversal prioritaria que se concreta en fomentar o número de estudantes estranxeiros/as no seu seo, así como o número de colaboracións con entidades internacionais.
Axudas para a mobilidade internacional do persoal docente e investigador do Campus Industrial de Ferrol
Esta acción pretende incentivar a internacionalización do Campus Industrial de Ferrol e por extensión da Universidade da Coruña (UDC).
Axudas para a mobilidade nacional do persoal docente e investigador do Campus Industrial de Ferrol
Esta acción pretende incentivar a formación continua do persoal docente e investigador (PDI) adscrito ao Campus Industrial de Ferrol mediante a súa mobilidade nacional.
A Xunta reforza ata os 3,3M€ o investimento no Campus Industrial de Ferrol para impulsar accións estratéxicas de investigación e internacionalización
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asinaron esta mañá unha addenda ao convenio polo que a Xunta aporta 1,5 millóns de euros para o ano 2023.
O reitor, Julio Abalde, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asinan unha addenda ao convenio de colaboración do Campus Industrial de Ferrol
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asinan mañá, venres 22 de xullo, ás 09:30 horas, na Sala de Xuntas da Vicerreitoría do Campus de Ferrol, a primeira addenda ao convenio de colaboración subscrito entre ambas entidades en outubro de 2021.
A UDC abre no Campus Industrial de Ferrol a Aula Navantia-Siemens de formación en transformación dixital do sector naval pioneira en España
Esta aula pioneira foi inaugurada esta mañá polo vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, e o reitor da UDC, Julio Abalde; coa presenza do alcalde de Ferrol, Ángel Mato; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas; o director do CESENA, Javier Fernández; e o director de Navantia Ría de Ferrol, Eduardo Dobarro.
O Salón de Actos do Campus Industrial de Ferrol acolle unha nova edición do curso Carlos Gurméndez os días 6,7 e 8 de xullo
A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, a presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Julia Díaz, a coordinadora do curso Carlos Gurméndez, Esperanza Piñeiro, e o director académico do mesmo, o profesor da Universidade da Coruña, Alberto Sucasas, presentaron este xoves, na Sala de Xuntas da Vicerreitoría, a 23ª edición deste curso de pensamento e comunicación que terá lugar os días 6, 7 e 8 de xullo no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol e que afondará no papel da muller na ciencia e na cultura.
A Universidade da Coruña inaugura no Campus Industrial de Ferrol a Aula Navantia-Siemens para a formación naval
O salón de actos do Campus Industrial de Ferrol acollerá o vindeiro luns, 4 de xullo, o acto de inauguración e presentación da Aula Navantia-Siemens.
A Cátedra Epifanio Campo premiará as mellores propostas multimedia de estudantado da UDC centradas na divulgación da economía circular
Este órgano impulsado polo Grupo Rodonita, acaba de convocar o I Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo, dedicado ao fundador da empresa e un pioneiro no ámbito da xestión medioambiental
O Campus Industrial de Ferrol acolle mañá a presentación da 23ª edición do Curso de Pensamento e Comunicación Carlos Gurméndez
Preséntase mañá, xoves 30 de xuño, ás 12:00 horas, na Sala de Xuntas da Vicerreitoría, a 23ª edición deste curso de pensamento e comunicación que promove o Club de Prensa de Ferrol desde o ano 1998.