Persoal docente e investigador do Campus Industrial de Ferrol participa no proxecto europeo CEDE sobre enxeñarías creativas

O luns da semana pasada, 13 de marzo, tivo lugar a primeira reunión do consorcio do proxecto europeo Creative Engineering, CEDE, en Nitra (Eslovaquia), cidade da institución coordinadora. A directora, docente e investigadora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, coordinadora do proxecto na Universidade da Coruña, e a profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial, […]

Unha proposta do Grao en Xestión Industrial da Moda recibe o Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global

A Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol resultou premiada na convocatoria do II Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global que promove a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. A Facultade recibe o premio na categoría de “Ensinanzas Universitarias” grazas á proposta “Deseño Social e Ambiental […]

O Campus Industrial de Ferrol acolle este mércores un workshop sobre Intelixencia Artificial, Blockchain e computación cuántica

A Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación acolle, este mércores 22 de marzo, ás 11:00 horas, o workshop “O futuro é hoxe. Intelixencia Artificial, Blockchain e Computación Cuántica nas nosas vidas” impartido polo director de Marca na empresa alacantina de fíos sustentables Belda Lloréns, Fabricio Mancebo. A actividade está dirixida ao alumnado do […]

AXUDAS “TALENTO INVESTIGADOR” DO CAMPUS INDUSTRIAL DE FERROL. CONTRATACIÓN POS-DOC

O Campus Industrial de Ferrol é o primeiro campus de especialización acreditado do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

O Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC) pretende con esta acción apoiar dos proxectos de ciencia excelente en aquelas áreas de especial interese para o CIF pola sua proxección científica, carácter emerxente ou pola sua consideración estratéxica: robótica industrial, materiais, optimización de procesos industriais, enxeñaría naval e offshore, xestión industrial e desenvolvemento […]

Alumnado da Escola de Deseño Industrial desfilará no Teatro Jofre na pasarela de traxes tradicionais galegos da Asociación Etnográfica Sete Espadelas

O Campus Industrial de Ferrol e a Escola Universitaria de Deseño Industrial participan mañá, venres 17 de marzo, ás 20:30 horas nunha pasarela de traxes tradicionais galegos que se celebrará no Teatro Jofre de Ferrol. A Asociación Etnográfica Sete Espadelas de Pontevedra co apoio institucional do Concello de Ferrol, do Campus Industrial da Universidade da […]